Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.
Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.
Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro … contos
para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar.
Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa : o río énchese de regatos pequenos.