🎪Peter Punk – Chungo que te cagas

SINOPSE

É o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.

Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.

O seu particular “Chungo que te cagas!” é o “Máis difícil aínda!” do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo, perfecto para calqueira tipo de espacio e público.

 

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK”
  • Nome do espectáculo : CHUNGO QUE TE CAGAS 
  • Modalidade artística : Circo, malabares, humor, clown
  • Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : espazo exterior e interior

 

PREMIO DO PÚBLICO   MUNDOCLOWN 2008 (Vigo, Galicia)

 

Biografía

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.

Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…

Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.

Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina.

Por toda Galicia e o estado: Canarias, Madrid, Catalunya, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Ibiza, Cádiz, Granada, Castilla y León, Valencia…

Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.

Vídeos

Outros espectáculos de Peter Punk

A Chungatrona

Un aloucado espectaculo coa “Testarrosa” e como colofón final A CHUNGATRONA!!

Concerto Punk Infantil

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.

Peor Imposible

Onde as cousas sempre poden ir a peor.

O neno imperdible

Un músico e un artista de circo en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro.