Tropa de Trapo

08out17:30Tropa de TrapoBarquiño de Pau

De que vai

Canta, Buguina, canta!
Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa
marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de ghavotas e moverémonos coma nécoras.
E incluso daremos unha volta baixo o mar.
Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas naturais.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea …
Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas.
Brincamos coa imaxinacion recreando anima is con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.

Máis

Cando

8 outubro 2020 - 17:30(GMT+00:00)

Onde

Carnota

Praza San Gregorio, 19, 15293 Vilar, A Coruña

Other Events

Get Directions