Peter Punk está de volta para convertirse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que, a través de 4 Fases, amosará a súa particular visión da pandemia. Neste espectáculo
Peter Punk está de volta para convertirse no Doutor Punkdemia. Presenta un espectáculo viral no que, a
través de 4 Fases, amosará a súa particular visión da pandemia.
Neste espectáculo adaptado á nova normalidade, veremos como se viste un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus e asistiremos a unha técnica novidosa para botar o virus do noso corpo empregando globos de xeito sorprendente.
Contaremos coa axuda de Tranquilo, un vello amigo de Peter Punk sempre disposto a colabora
E pra rematar, daremos a volta á “curva” para descubrir a Vacina da Risa. E subiremos na Corentrona, unha cadeira de rodas na que Peter Punk mostrará as súas habilidades e baixará a rampa da desescalada pra bater co muro dos recortes.
¿Conseguirá derrubalo?
Máis
11 setembro 2020 - 18:00(GMT+00:00)
Escenario Deleite - Festival Revenidas
Praza Rafael Pazos, 36611