SINOPSE
Atención! Esta contada está en obras. Si : está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas… e a axuda do inestimable público.
Malo será que entre todos non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se convirten en superstars…
A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : BRAIS DAS HORTAS
- Nome do espectáculo : ZONA EN OBRAS
- Modalidade artística : Narración oral, música en directo
- Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Interior e exterior
Axenda de Brais das Hortas
Biografía
Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.
Como narrador ten espectáculos individuais pero tamén forma parte da Tropa de Trapo.
Como músico actualmente forma parte de Blues do País, Sacha na Horta e o Concerto PunkInfantil, aínda que pasou tamén por bandas coma Sons Miúdos, Mamá Cabra, Banda Fura Fura… e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira, Mark Wiersma…
Ademais fai obradoiros e compón bandas sonoras para outros espectáculos.
Imaxes
Outros espectáculos de Brais das Hortas
Concerto Punk Infantil
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.