Matrioskas o novo espectáculo de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira

O pasado sábado Marta Ortiz e Sofia Espiñeira estiveron na Unión de Muchachas. Activistas culturais en Boiro presentando Matrioskas, e este venres Matriokas presentarase no Culturgal Feira Industrias Culturais, será ás 18:30 h no Espazo Carpa.

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

Todas feitas da mesma madeira.
Todas vestidas de cores.
Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas ás outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que morrendo se xunta coa seguinte. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas historias.

Deixa unha resposta