Brais das Hortas / O avó que saiu da maleta

SINOPSE

Lucía non chegou a coñecer ao seu avó. Morrera antes de ela nacer. Na casa quedaba unha vella maleta, chea de recordos do avó. Pero seus pais non lla deixaban ver.
Pero unha noite Lucía decidiu ir ao faiado, abrir a maleta… e o que alí atopou!

Cores, contos, música, vacas, xigantes, furacáns tropicais… e unha historia de amor entre dous homes.

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : BRAIS DAS HORTAS
  • Nome do espectáculo : O AVÓ QUE SAIU DA MALETA
  • Modalidade artística : Narración oral, música en directo
  • Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : Interior e exterior

Axenda

Biografía

Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.

Como narrador ten espectáculos individuais pero tamén forma parte da Tropa de Trapo.

Como músico actualmente forma parte de Blues do País, Sacha na Horta e o Concerto PunkInfantil, aínda que pasou tamén por bandas coma Sons Miúdos, Mamá Cabra, Banda Fura Fura… e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira, Mark Wiersma…

Ademais fai obradoiros e compón bandas sonoras para outros espectáculos.

Outros espectáculos de Brais das Hortas

Contos de defuntos...

Contos de mortos que non están tan mortos.

Zona en Obras

Atención, ésta contada está en obras.

 

Contos para caghar patatillas

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal

Concerto Punk Infantil

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.