Tropa de trapo / Contamos todas

SINOPSE

CONTAMOS TODAS é un espectáculo e un obradoiro á vez.

Comezamos con dous contos, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións e como conseguiron empoderarse. Historias reais, sinceras e inspiradoras.

Por un lado, mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta.

E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación…

…e despois o obradoiro.

A través de dinámicas activas e participativas traballaremos os conceptos que se debuxan nos contos, dando paso ao debate, para afondar nas cuestións de xénero que imos abordar.

Pero non será un debate ao uso. Empregando técnicas do Teatro da Oprimida, animaremos a todo o alumnado a participar e opinar, coa voz e co corpo, para finalmente improvisar unha escena sobre a que reflexionar e que xurda das súas propias opinións.

XIRA POR INSTITUTOS COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

2 XIRAS CO FONDO GALEGO DE COOPERACIN E SOLIDARIEDADE

 

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : MARTA ORTIZ e BRAIS DAS HORTAS
  • Nome do espectáculo : CONTAMOS TODAS
  • Modalidade artística : Contos, música en directo, debate en escena, teatro da oprimida
  • Público ao que vai dirixido : 4ª ESO ata 2º Bacharelato (incluidos)
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : preferentemente interior

Axenda

Biografía

Facemos contos con música. Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. E música con todo tipo de instrumentos e obxectos.

A Tropa de Trapo somos Marta Ortiz e Brais das Hortas.
Xuntos contamos para todo tipo de públicos (infantil e familiar, adolescente e adulto) e en todo tipo de situacións (auditorios, casas da cultura, institutos, colexios, prisións, rúas, prazas, cemiterios…).
Facemos contos con música.
Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada.
E música co que sexa. Tanto instrumentos habituais (guitarra eléctrica, clásica e acústica, frautas, acordeón, loopstation, laúde árabe…) coma creados por nós (beatería de refugallo, antenas tubulares, efectos sonoros…). Música que lle dá ambiente aos contos ou para bailarmos coa xente.
Sempre con ritmo, humor e moita participación do público.
Levamos 10 anos contando e percorrendo a xeografía galega. Xiramos xa 6 veces co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, tamén fixemos funcións escolares coa Fundación Abanca por auditorios e teatros de toda Galicia, centos de colexios e institutos, festivais, romarías e festas… Porque todo sitio é bo para unha boa historia.

Outros espectáculos de Tropa de Trapo

A historia de Antía, unha nena galega, e Wamba un rapaz do Congo.

 

Unha nena galega que vai merendar ao parque topa cun mozo do Congo que vende de todo no Top Manta.

Catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia

Un espectáculo no que hai contos pero tamén hai debate.