Tropa de trapo / Antía e Wamba …

SINOPSE

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar.

Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa : o río énchese de regatos pequenos.

Xira Escolares Coa Fundación Abanca
4 Xiras co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
3 Xiras coa Campaña Impórtanos de Vigo

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : MARTA ORTIZ e BRAIS DAS HORTAS
  • Nome do espectáculo : ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO
  • Modalidade artística : Narración oral, música en directo
  • Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : Interior ou Exterior

Axenda

Biografía

Facemos contos con música. Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. E música con todo tipo de instrumentos e obxectos.

A Tropa de Trapo somos Marta Ortiz e Brais das Hortas.
Xuntos contamos para todo tipo de públicos (infantil e familiar, adolescente e adulto) e en todo tipo de situacións (auditorios, casas da cultura, institutos, colexios, prisións, rúas, prazas, cemiterios…).
Facemos contos con música.
Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada.
E música co que sexa. Tanto instrumentos habituais (guitarra eléctrica, clásica e acústica, frautas, acordeón, loopstation, laúde árabe…) coma creados por nós (beatería de refugallo, antenas tubulares, efectos sonoros…). Música que lle dá ambiente aos contos ou para bailarmos coa xente.
Sempre con ritmo, humor e moita participación do público.
Levamos 10 anos contando e percorrendo a xeografía galega. Xiramos xa 6 veces co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, tamén fixemos funcións escolares coa Fundación Abanca por auditorios e teatros de toda Galicia, centos de colexios e institutos, festivais, romarías e festas… Porque todo sitio é bo para unha boa historia.

Vídeos

Outros espectáculos de Tropa de Trapo

A historia de Antía, unha nena galega, e Wamba un rapaz do Congo.

 

CONTAMOS TODAS é un espectáculo e un obradoiro á vez.

Catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia

Un espectáculo no que hai contos pero tamén hai debate.