Condicións de venda

As presentes condicións de contratación teñen como obxecto regular as operacións de compra-venda que se realizan a través da tenda online instalada na páxina web www.charlatana.org propiedade de Charlatana S. Coop. Galega e dedicada a venda de produtos de merchandising das nosas compañías.

Gastos de Envío

  • Envíos nacionais: Para envíos a Península, e Baleares os gastos de envío serán gratuítos se a compra supera os 50 €, en caso de non superalo os gastos de envío serán de 3,5 € I.V.E. incluído.
  • Envíos Internacionais: Non realizamos envíos internacionais. Para envíos a Portugal consultar en tenda@charlatana.org

Dispoñibilidade e prazo de entrega dos produtos.
Os prazos de entrega dependerán da dispoñibilidade do produto e dos prazos de entrega do servizo de mensaxeria, non sendo nunca superiores a 5 días hábiles.

Cancelacións
Garantimos aos nosos clientes a posibilidade de cancelar ou modificar un pedido en calquera momento e sen ningún coste sempre e cando se comunique antes de que o pedido este xa a disposición do servizo de transporte.
Se quere cambiar o seu produto poderá facelo dentro dos 15 días hábiles seguintes ás recepción do mesmo sempre e cando o produto non fose usado e se conserve co precinto e embalaxe orixinal. Non se realizan devolucións de produtos excepto por erro ou defecto no produto servido, nese caso Charlatana S. Coop. Galega comprometese a cambiar o produto defectuoso por outro en perfecto estado e farase cargo dos gastos de devolución e envío. No caso de que non fose posible cambiar o produto Charlatana S. Coop. Galega comprometese a reintegrar o importe a seu completo.

Queixas e reclamacións
Calquera queixa ou reclamación relacionada co produto comercializado a través do portal, www.charlatana.org poderá ser dirixida a:

Charlatana S. Coop. Galega
R/Perguiza 218 Cabo de Cruz
Boiro 15939 A Coruña
Tel. 637 756 129
tenda@charlatana.org

Debendo aportarnos o seu nome completo, DNI, e-mail e teléfono de contacto, así como unha descrición dos feitos causantes da queixa ou reclamación. Unha vez recibida a súa queixa porémonos en contacto con vostede á maior brevidade posible.

Lexislación aplicable
Os produtos vendido na nosa web www.charlatana.org son conformes a lexislación española. Estas Condiciones Xenerais están rexidas pola lei española. As partes sométense, a súa elección, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro foro, os xulgados e tribunais da provincia de residencia do cliente.