Ir á páxina
Charlatana

Quen somos

Charlatana é un espazo de creación, produción e distribución artística que nace en Galicia co obxectivo de impulsar propostas culturais diversas e de calidade.

 

Charlatana é un espazo de creación, produción e distribución artística co obxectivo de crear propostas culturais comprometidas e de calidade.

Circo, música, teatro infantil, contos, obradoiros didácticos, maxia, animación, pasarrúas… En Charlatana conviven distintos xéneros e formas de facer, cunha mesma intención: crear espectáculos que conecten co público e aporten valor.

A igualdade, a cooperación, a sustentabilidade e a defensa da nosa lingua e cultura están no centro do que facemos.

Charlatana conta cunha rede aberta de artistas e compañías, o que nos permite ofrecer unha ampla variedade de propostas escénicas adaptadas a diferentes públicos e contextos.

Ao mesmo tempo, desenvolvemos un traballo propio de produción, programación e xestión cultural, liderando e coordinando propostas culturais en distintos formatos e contextos.

Ademais, acompañamos ás artistas no desenvolvemento dos seus proxectos, ofrecendo un servizo integral que vai desde a produción e a distribución ata a xestión administrativa e laboral, para que poidan centrarse na creación con tranquilidade.

Charlatana é, en esencia, un espazo compartido onde a cultura se fai, se move e segue medrando.

  • Brais Gutierrez “Brais das Hortas”

    Na TROPA DE TRAPO toca guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, laúde árabe, frauta chinesa, caixón, batería de refugallo, darbouka, karkaba, kalimba, beatbox, harmónica, antenas tubulares, melódica, efectos sonoros...

    • Músico dende 1996. Actualmente, en grupos como Sacha na Horta e Blues do País.
    • Músico e clown no espectáculo de Peter Punk: Peter Punk e o neno imperdible.
    • Formou parte da Banda Fura Fura, que homenaxeou a Zeca Afonso.
    • Compón e grava BSO para A Tropa de Trapo, Peter Punk, Titereficciós (BSO de Chove, espectáculo para bebés).
  • Marta Ortiz

    Estudou Maxisterio de Primaria, especializouse en Literatura Infantil e Realización de Audiovisuais e Espectáculos. Formouse en Narración Oral e Teatro. Deseñou e organizou actividades de animación á lectura, fomento da oralidade e teatro social.

    Narradora oral dende 2007 para público de todas as idades. Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realiza espectáculos de teatro, música e narración oral. En Matrioskas conta para público adulto xunto a cantautora Sofía Espiñeira.

  • Isaac Rodríguez “Peter Punk Pallaso”

    Iniciou estudos en Pedagoxía e Educación Infantil. Pallaso. Foi parte da compañía de teatro afecionado Tranghallada Teatro (do IES Val Miñor de Nigrán). Malabarista e pallaso en diversas empresas de animación. Integrante do espectáculo musical e itinerante Xabaxira, do programa infantil da TVG Xabarín Club. Integrante nun espectáculo de Os Sete Magníficos Máis Un. Fundador e integrante da compañía unipersonal Peter Punk Pallaso.

  • Eva Triñanes

    Cursou estudos de Economía na Universidade de Santiago de Compostela e de Produción no Instituto de Imaxe e Son da Coruña, completando a súa formación co Curso de Experta Universitaria (CEU) en Xestión e Innovación Cultural na USC. Desenvolve a súa traxectoria profesional no ámbito da produción e xestión cultural, traballando na coordinación e organización de proxectos culturais e escénicos.