Libro disco – Concerto PunkInfantil

15,00  IVA inc

O novo espectáculo de Peter Punk e Brais das Hortas. 9 cancións, letras, debuxos e fotos para ceibar o lado máis punk das nenas e nenos! Porque… que hai máis punk ca unha nena?

SKU: 000002 Categoría: Tag:

Descrición

Xa está á venda na nosa tenda online o libro-disco do CONCERTO PUNKINFANTIL, o novo espectáculo de Peter Punk e Brais das Hortas. 9 cancións, letras, debuxos e fotos para ceibar o lado máis punk das nenas e nenos! Porque… que hai máis punk ca unha nena?

As nenas saben chorar, cagar e patexar. E ben que fan! Quen non chora non mama!!

Pero o punk non son só berros. Tamén é pensar por ti mesma, facer o que che preste como ti queiras, inventar o teu xeito e deixar de seguir a corrente.

Por iso fixemos este libro-disco desde Charlatana Cooperativa Galega de Artistas. Porque cremos no valor do punk como ferramenta para divertirse e para educar, para cuestionalo todo, para coller unha guitarra e facer unha canción co que che saia de dentro… un pis, por exemplo.

E fixémolo todo nós mesmas! Compoñer, tocar de todo (guitarras, charango, batería, baixo, maleta, zocos, pan, o timbre…), gravar, escribir…

Iso si : cun pouco de axuda. Sonia García nas ilustracións, Paco Nogueiras, O Leo i Arremecághona e o alumnado de 1ª de primaria do CEIP do Hío (Cangas) cantaron e tocaron con nós.