SINOPSE
¿Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? Descubreo neste trepidante espectáculo. O terceiro de Peter Punk no que comparte elenco con Brais das Horta.
Un tendedeiro en equilibrio, un salto ao baleiro en monociclo, un voluntario morto e resucitado en escena, seis instrumentos interpretados ao vivo (guitarras: clásica, eléctrica e portuguesa, acordeón e bocina) e ata Peter Punk se atreve coa harmónica!! E como final, A Chungatrona: un artefacto único no mundo, pensado por un pallaso.
Estes son algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas. Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas, un grande traballo de dirección e unha orixinal escenografía.
Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo e momentos de tensión e risco.
Un completo espectáculo para disfrutar tanto na rúa coma no teatro.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK” e BRAIS DAS HORTAS
- Nome do espectáculo : PETER PUNK E O NENO IMPERDIBLE
- Modalidade artística : Circo, malabares, música ao vivo, humor, clown
- Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
- Idioma : Galego Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : espazo exterior e interior
Axenda
Biografía
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.
A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…
Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.
Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina.
Por toda Galicia e o estado: Canarias, Madrid, Catalunya, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Ibiza, Cádiz, Granada, Castilla y León, Valencia…
Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.
Imaxes
Outros espectáculos de Peter Punk
Concerto Punk Infantil
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.