SINOPSE
Neste espectáculo, Peter Punk crea un conxunto de rutinas, que confirma a súa inteción de convertirse nunha referencia do novo circo galego como pallaso.
Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escéa coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo. A destreza dun voluntario con tres aros e un vaciador de ideas.
E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.
PREMIO DO PÚBLICO FESTICLOWN 2013 (Rivas Vaciamadrid)
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK”
- Nome do espectáculo : A CHUNGATRONA
- Modalidade artística : Circo, malabares, humor, clown
- Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : espazo exterior e interior
Axenda
Biografía
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.
A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…
Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.
Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina.
Por toda Galicia e o estado: Canarias, Madrid, Catalunya, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Ibiza, Cádiz, Granada, Castilla y León, Valencia…
Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.
Imaxes
Outros espectáculos de Peter Punk
Concerto Punk Infantil
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.
O neno imperdible
Un músico e un artista de circo en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro.