Marta Ortiz

Creadora do grupo de Teatro da Oprimida de Compostela e actualmente forma parte do grupo de Teatro da Oprimida CenTolas

– Premiada no 8º Concurs de Narrativa Per A Dones (Terrassa)

– Creadora do grupo de Teatro da Oprimida de Compostela e actualmente forma parte do grupo de Teatro da Oprimida CenTolas

– Deseñadora e confección dos títeres de CORES, feitos con calceta, e o decorado con patchwork.

– Deseño e confección de vestiarios e escenografía para diversos grupos de música (Sacha na Horta, Blues do País) e de clown (Peter Punk).

– Estudiou maxisterio de Primaria e deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura e o fomento da oralidade.

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

Todas feitas da mesma madeira.
Todas vestidas de cores.
Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas ás outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que morrendo se xunta coa seguinte. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas historias.

Contos que viaxaron por moitos mares, por océanos, contos que atopamos en varias culturas, que percorren o mundo. Contos todos eles protagonizados por mulleres; aventureiras, sabias, astutas, meigas, nenas boas, malas, rebeldes, bruxas malvadas…un mar onde habita un universo feminino, diverso, divertido e cheo de cores e matices.

Porque o mar está cheo de historias. Só hai que pararse un momento para poder escoitalas, Mulleres de Sal son contos de mulleres con sabor propio, que non precisan que ninguén lles bote azucre para ser as protagonistas destes contos.

Cancións, música, bailes, que farán que o público particicipe nas historias. Contos cheos de preguntas, para que a público interactúe, inventando e enchendo de vida os contos contados.

  • Elenco: Marta Ortiz
  • Público: Familiar

CONTAMOS TODAS é un espectáculo e un obradoiro á vez.

Comezamos con dous contos, por un lado mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta.

E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación…

… e despois, o obradoiro.

A través de dinámicas activas e participativas, traballaremos os conceptos que se debuxen nos contos, dando paso ao debate, para afondar nas cuestións de xénero que imos abordar.

Pero non será un debate ao uso. Empregando técnicas do Teatro da Oprimida, animaremos a todo o alumnado a participar e a opinar, coa voz e co corpo, para finalmente facer unha escena sobre a que reflexionar e que parta das súas opinións.

Event List