Blues do País

Música

Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…

Todo iso é posible con Blues do País.

Música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.

Dende que arrincamos motores no 2014 xa pasamos por todo tipo de escenarios e situacións : casas da Cultura, auditorios, festivais, ceas, aniversarios, paradas do bus, rotondas, rúas e prazas, camións do pienso e mesmo bateas… Calquera sitio é bo para botarlle uns blueses da casa.

E por se fose pouco… con banda!

Si. Blues do País ten doble formato : dúo ou banda.

A nosa banda chámase “Sindicato da Verbena” e está composta por Gustavo Agasi (Festicultores, Sacha na Horta) na batería e rascador, Manuel Antonio (Trioceros, Mercedes Peón) no baixo e Martiño Mato (Magnifique Band dos Homes Sen Medo, Os Tres Trebóns…) no Saxo.

Espectáculos

Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…

Todo iso é posible con Blues do País.

E por se fose pouco… con banda!

Si. Blues do País ten doble formato : dúo ou banda.

A nosa banda chámase “Sindicato da Verbena” e está composta por Gustavo Agasi (Festicultores, Sacha na Horta) na batería e rascador, Manuel Antonio (Trioceros, Mercedes Peón) no baixo e Martiño Mato (Magnifique Band dos Homes Sen Medo, Os Tres Trebóns…) no Saxo.

Albums

Event List

  • 20:00 Valdoviño-Área Recreativa do Clube Naútico