Marta Ortiz e Sofía Espiñeira – Matrioskas

SINOPSE

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

Todas feitas da mesma madeira.
Todas vestidas de cores.
Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas historias.

 

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : MARTA ORTIZ e SOFÍA ESPIÑEIRA
  • Nome do espectáculo : MATRIOSKAS
  • Modalidade artística : Narración oral, canción de autora
  • Público ao que vai dirixido : adultas
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : Preferentemente interior

Axenda

Biografía

Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e obxectos cotiás.

Estudou maxisterio de primaria, especializouse en literatura infantil e realización de espectáculos. Formouse en narración oral, voz, teatro, clown…Deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura, o fomento da oralidade e Teatro da Oprimida.

Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realizou ata o momento dez espectáculos con música en directo, teatro infantil, debate en escena e obradoiros educativos. A súa última proposta é 4 MONOS.

Tamén realiza espectáculos de narración oral en solitario. En MATRIOSKAS conta xunto coa cantautora Sofía Espiñeira. Matrioskas é un espectáculo de narración oral con música e canción de autora para público adulto e dirixido por Brais das Hortas.

Dende o 2018 forma parte de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España)

Vídeos

Outros espectáculos de Marta Ortiz

Matrioskas

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

 

Cores

Na casa de Lila ultimamente había bastantes problemas.

Faiado

Uxía é unha boneca abandonada nun faiado.