SINOPSE
Uxía é unha boneca abandonada nun faiado. Un día Gato despértaa e Uxía proponlle xogar. Pero Gato é un gato de faiado e non sabe xogar.
Gato e Uxía comenzan a xogar, a compartir,a inventar un mundo novo. A esa festa súmanse os ratos e máis os pardais. Tal como sucede no libro de Festa no faiado de María Victoria Moreno, Uxía, Gato, os ratos e os pardais reúnense para facer unha festa no faiado cada domingo cando os señores da casa están fora.
Pero imos imaxinar que nesta festa ademais de comida e xogos hai contos. Contos que falan da fraga, do mar, de viaxes, cataventos… contos que falan do mundo e que estes amigos comparten nas súas festas secretas que lles fan a vida máis divertida.
Unha sesión de contos para achegar aos nenos a figura de María Victoria Moreno, o seu mundo divertido cheo de amor pola lingua, os animais, as viaxes, o mar…
Cancións, rimas, obxectos que farán que o público participe nas historias. Contos cheos de preguntas, para que a público participe, inventando e enchendo de vida os contos contados.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : MARTA ORTIZ
- Nome do espectáculo : OS CONTOS DA FESTA NO FAIADO
- Modalidade artística : Narración oral, música
- Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Preferentemente interior
Axenda
Biografía
Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e obxectos cotiás.
Estudou maxisterio de primaria, especializouse en literatura infantil e realización de espectáculos. Formouse en narración oral, voz, teatro, clown…Deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura, o fomento da oralidade e Teatro da Oprimida.
Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realizou ata o momento dez espectáculos con música en directo, teatro infantil, debate en escena e obradoiros educativos. A súa última proposta é 4 MONOS.
Tamén realiza espectáculos de narración oral en solitario. En MATRIOSKAS conta xunto coa cantautora Sofía Espiñeira. Matrioskas é un espectáculo de narración oral con música e canción de autora para público adulto e dirixido por Brais das Hortas.
Dende o 2018 forma parte de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España)