SINOPSE
Na casa de Lila ultimamente había bastantes problemas. Tantos que Lila, seu pai e súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa.
Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Lila, metida na cama con súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores!
Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : MARTA ORTIZ
- Nome do espectáculo : CORES
- Modalidade artística : Narración oral, música, teatro de obxectos, títeres
- Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Interior e exterior
Axenda
Biografía
Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e obxectos cotiás.
Estudou maxisterio de primaria, especializouse en literatura infantil e realización de espectáculos. Formouse en narración oral, voz, teatro, clown…Deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura, o fomento da oralidade e Teatro da Oprimida.
Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realizou ata o momento dez espectáculos con música en directo, teatro infantil, debate en escena e obradoiros educativos. A súa última proposta é 4 MONOS.
Tamén realiza espectáculos de narración oral en solitario. En MATRIOSKAS conta xunto coa cantautora Sofía Espiñeira. Matrioskas é un espectáculo de narración oral con música e canción de autora para público adulto e dirixido por Brais das Hortas.
Dende o 2018 forma parte de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España)