28nov18:30Tropa de TrapoBarquiño de Pau
Canta, Buguina, canta! Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea
Canta, Buguina, canta!
Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa
marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de ghavotas e moverémonos coma nécoras.
E incluso daremos unha volta baixo o mar.
Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas naturais.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea …
Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas.
Brincamos coa imaxinacion recreando anima is con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.
Máis
28 novembro 2020 - 18:30(GMT+01:00)
Auditorio a Fábrica - Oleiros
Rúa do Inglés, s/n Perillo