As Olimpíadas Pallasas son unha serie de actividades, que
integran probas deportivas, dinámicas de grupo, xogos
teatrais e de clown, e xogos tradicionais.
Van dirixidas a un público familiar. Nenas, nenos, adolescentes
e adultos.
Peter Punk Pallasa será o mestre de cerimonias. O árbitro
que coordinará e dirixirá as probas e actividades, arbitrariamente,
seguindo un código moi pallasa, presente no Xuramento
Pallasolímpico.
As Olimpíadas Pallasas pasarán olímpicamente da competitividade
chunga. A única competición será de cada quen
consigo mesmo.
O máis importante é XOGAR facendo o pallasa, incentivar
a actividade física, a creatividade, a perspectiva constructiva
do ridículo e o fracaso, a importancia do xogo e a desinhibición.
Así como a cooperación en grupo, as relacións sociais
e a empatía.
En resumen, a finalidade é disfrutar en familia, con amigas
e amigos, coñecerse e relacionarse con outras persoas a
través do xogo.

Data

22 Febreiro 2020

Hora

17:30

Prezo

Lugar do evento

Concello de Rianxo-Praza de Castelao