*Función Escolar

MULLERES DE SAL, MULLERES DE TERRA é unha
sesión de cantos que promove a igualdade e a pre­ vención de violencia de xénero.

Unha travesía guiada pelas mulleres que atesoura­ ron a memoria dos cantos, da palabra a viva voz.
Ao longo da Historia foron moitas as mulleres encarga­ das de conservar este legado. Elas foron
tamén trans­ misoras deste universo, como redeiras á beira do mar, tecendo con fíos e nós o
imaxinario. Cantos que tamén saen da terra e que se debullan coma o millo para transmitir as
alegrías, os temores e os soños dos pobos.

O repertorio de cantos de MULLERES DE SAL, MU­ LLERES DE TERRA combina cantos de creación propia
con cantos de tradición oral. Todos eles teñen en común mulleres cun papel activo, que conforman un
universo feminino rico e diverso e promove rela­ cións baseadas na igualdade e o respecto.

MULLERES DE SAL, MULLERES DE TERRA é un es­
pectáculo que combina a narración oral co teatro de obxectos.

Data

30 Xaneiro 2020

Hora

15:30

Prezo

Lugar do evento

Ceip Pino de Val