Unha sesión de contos para achegar ao público a figura de Carvalho
Calero, homeaxeado nasLetras Galegas deste ano 2020.En CONTOS
DA GALICIA MÁXICA Marta Ortiz fará un pequeno achegamento á
figura deCarvalho Calero con contos da tradición oral galega e
lusófona. O repertorio de contos deste espectáculo de narración oral
está composto na súa totalidade decontos tradicionais galegos e
portugueses. Hai romances, cancións, brinquedos e xogos da
nosatradición e do país veciño, tradicións que gardan con elas
costumes e sentires dun pobo. Marta Ortiz pretende poñer en valor a
irmandade lingüística que temos Galicia, Portugal e toda alusofonía. E
tamén poñer en valor e achegarlles ás nenas e nenos o noso
patrimonio cultural.

Data

23 Outubro 2020

Hora

16:30

Prezo

Lugar do evento

Concello de Bóbeda-Centro Sociocultural