Concerto PunkInfantil-Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas
¿Punk para nenas? Por que non!?
¿E logo? ¿Oue hai máis punk ca unha nena?
O punké rebeldía,é pensar por ti mesma. Do itYourself!! Faino ti
ao teu xeito! ! Como poidas, como queiras e como che preste!
O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque
cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis … e
tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar
a túa personalidade.
O punk é protestar. Ouen non chora non mama!! Sabemos o
que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas
a chorar, cagar e patexar!!
Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir
escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto
Punklnfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo,
progresivamente, nun espazo común dando como resultado
este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no
que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis
superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas
das cativas e cativos.