“Chungo Que Te Cagas”- Peter Punk Pallaso
É o primeiro espectáculo co que Peter Punk
comeza a súa andaina como pallase. E no que se
perfila a súa personalidade divertida e irreverente,
que fará as delicias de cativas, cativos e maiores,
creando un universo propio no que a liña de traballo
é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal
do mundo.
Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos
que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un
prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo
reinventado ao máis puro estilo deste irreverente
pallase internacional.
O seu particular “Chungo que te cagas!” é o “Máis
difícil aínda!” do circo clásico. Este é o seu espectáculo
máis universal e todoterreo, perfecto para calquera
tipo de espazo e público.
Data
27 Decembro 2019
Hora
18:00