Blues do País-Dúo
Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva
Rural (lseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño
que a acompaña (Brais das Hortas).
Xuntas versionamos clásicos do Blues, Soul,
Rhythm’n’Blues … e adaptámolos á idiosincrasia e retranca
galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en
galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta
James mariscando en Cabo da Crus, 8.8. King nun
furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a
Castelao …
Todo iso é posible con Blues do País.
Música de calidade, en galego, misturada con
teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega
total en cada directo e unha discografía coidada no
breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.
Dende que arrincamos motores no 2014 xa pasamos
por todo tipo de escenarios e situacións : casas
da Cultura, auditorios, festivais, ceas, aniversarios,
paradas do bus, rotondas, rúas e prazas, camións do
pienso e mesmo bateas … Calquera sitio é bo para
botarlle uns blueses da casa.