Canta, Buguina, canta!
Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun
Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas
poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa
marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións de ghavotas e
moverémonos coma nécoras.
E incluso daremos unha volta baixo o mar.
Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e
música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos
dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes
texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas
naturais.
E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola
portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas
sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea …
Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar
ideas.
Brincamos coa imaxinacion recreando anima is con obxectos,
o mar con teas ou medusas con paraugas.

Data

8 Outubro 2020

Hora

17:30

Prezo

Lugar do evento

Concello de Carnota-Salón de actos