“Antía, Wamba e o Regato Pequeno”-Tropa de Trapo
Antía é unha nena galega que vai merendar ao
parque. Wamba é un mozo do Congo que
vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.
Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van
unir as súas vidas e van compartir o que nese momento
levan enriba : Antía, a súa merenda, e
Wamba, as súas historias.
Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a
Antía catro historias que falan de África e de
Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de
compartir de verdade, de valorar o importante,
de rir, de mirar con esperanza ao futuro … contos
para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para
sentir e pensar.
Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa
avoa : o río énchese de regatos pequenos.
Data
7 Outubro 2020
Hora
17:00