Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos,
achéganos o peculiar universo desta muller-nena que
anda salta palas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo
motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e
cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece
esta gran pallasa.
Pajarito é a número un, e a número dous tamén …. é patrimonio
da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!
Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número
de escapismo percorreremos o proceso de liberación das
súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e
con moitas ganas de … “coñecer mundo”. Risos garantidos

Artistas participantes

Data

27 Decembro 2019

Hora

18:00

Prezo

Lugar do evento

Concello de Oia