Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo
que viña do poder para reprimir ao pobo : os Tres Monos
Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor.
Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba
a boca para non dicir todo o que pensaba.
Nós dámoslle a volta. Os nasos monos van escoitar, ver e
falar. Van pensar, van actuar. .. e van ser catro!
Catro monos, catro historias.
A auténtica historia do lagarto da saia da Carolina, que
non era un, senón dous … e non se levaban moi ben.
O canto de como empezaron os días a ser días no deserto
do Sahara, con Mama Kanuga e Fillo Kanuga comendo
dátiles e cocos.
A historia de catro mulleres que vivían nunha aldea e que
conseguiron evitar que lles roubaran o seu peixe cantando
e regueifando.
E a tola historia dun mono que quixo pintar as nubes cun
“spray” para que non houbese máis tormentas … e, sen
querer, cambiou a vida do resto dos monos.
Catro cantos para falar de como nos relacionamos entre
nós e co medio, para rir, para reflexionar, para cantar e
para soñar con outro mundo posible.

Artistas participantes

Data

24 Outubro 2020

Hora

18:30

Prezo

Lugar do evento

Concello de Santiago-Centro Sociocultural Castiñeiriño