Compañías

Peter Punk

Peter Punk Pallaso

Peter Punk é un dos pallasos máis destacados en Galicia. Con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos paises.

Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

 

Blues do País

Blues do País

Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas.

Tropa de Trapo

Tropa de Trapo

A Tropa de Trapo somos Marta Ortiz e Brais das Hortas. Xuntos contamos para todo tipo de públicos. Facemos contos con música. Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. E música con todo tipo de instrumentos e obxectos.

 

Brais das Hortas

Brais das Hortas

Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo.

Como narrador ten espectáculos individuais pero tamén forma parte da Tropa de Trapo.

 

 

 

Peter Punk Pallaso

Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e obxectos cotiás.