SINOPSE
Xa hai moitas historias de homes! De cabaleiros, príncipes e guerreiros…
E nós quixemos contar historias de mulleres. Princesas non, pero si guerreiras!… ou non… ou de todo un pouco.
Porque hai moitas mulleres. Todas moi diferentes, pero todas cunha voz : a súa.
Aquí van catro contos de nenas (das grandes e das pequenas) con voz propia. Nenas que comparten, que vencen aos seus medos ou aos medos da xente, capaces de grandes aventuras como ir a polo lume ou subir ao monte máis alto a falar cun monstro. Nenas que tamén lle teñen medo á tormenta. Ou que xogan á pelota.
Pero iso si : nenas… que xa toca!
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : MARTA ORTIZ e BRAIS DAS HORTAS
- Nome do espectáculo : CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS
- Modalidade artística : Narración oral, música en directo
- Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Interior ou Exterior
Axenda
Biografía
Facemos contos con música. Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. E música con todo tipo de instrumentos e obxectos.
A Tropa de Trapo somos Marta Ortiz e Brais das Hortas.
Xuntos contamos para todo tipo de públicos (infantil e familiar, adolescente e adulto) e en todo tipo de situacións (auditorios, casas da cultura, institutos, colexios, prisións, rúas, prazas, cemiterios…).
Facemos contos con música.
Historias que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada.
E música co que sexa. Tanto instrumentos habituais (guitarra eléctrica, clásica e acústica, frautas, acordeón, loopstation, laúde árabe…) coma creados por nós (beatería de refugallo, antenas tubulares, efectos sonoros…). Música que lle dá ambiente aos contos ou para bailarmos coa xente.
Sempre con ritmo, humor e moita participación do público.
Levamos 10 anos contando e percorrendo a xeografía galega. Xiramos xa 6 veces co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, tamén fixemos funcións escolares coa Fundación Abanca por auditorios e teatros de toda Galicia, centos de colexios e institutos, festivais, romarías e festas… Porque todo sitio é bo para unha boa historia.