SINOPSE
Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.
Todas feitas da mesma madeira.
Todas vestidas de cores.
Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.
Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas historias.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : MARTA ORTIZ e SOFÍA ESPIÑEIRA
- Nome do espectáculo : MATRIOSKAS
- Modalidade artística : Narración oral, canción de autora
- Público ao que vai dirixido : adultas
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Preferentemente interior
Axenda
Biografía
Narradora oral dende 2007. Conta historias para público de todas as idades. Moitas veces conta só coa súa voz e o corpo, aínda que outras veces gosta de acompañarse con música e obxectos cotiás.
Estudou maxisterio de primaria, especializouse en literatura infantil e realización de espectáculos. Formouse en narración oral, voz, teatro, clown…Deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura, o fomento da oralidade e Teatro da Oprimida.
Fundou con Brais das Hortas a compañía Tropa de Trapo coa que realizou ata o momento dez espectáculos con música en directo, teatro infantil, debate en escena e obradoiros educativos. A súa última proposta é 4 MONOS.
Tamén realiza espectáculos de narración oral en solitario. En MATRIOSKAS conta xunto coa cantautora Sofía Espiñeira. Matrioskas é un espectáculo de narración oral con música e canción de autora para público adulto e dirixido por Brais das Hortas.
Dende o 2018 forma parte de AEDA (Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España)