SINOPSE
Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.
Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.
Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta… Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : BRAIS DAS HORTAS
- Nome do espectáculo : CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS
- Modalidade artística : Narración oral, música en directo
- Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Interior e exterior
Axenda
Biografía
Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.
Como narrador ten espectáculos individuais pero tamén forma parte da Tropa de Trapo.
Como músico actualmente forma parte de Blues do País, Sacha na Horta e o Concerto PunkInfantil, aínda que pasou tamén por bandas coma Sons Miúdos, Mamá Cabra, Banda Fura Fura… e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira, Mark Wiersma…
Ademais fai obradoiros e compón bandas sonoras para outros espectáculos.
Imaxes
Outros espectáculos de Brais das Hortas
Concerto Punk Infantil
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.