SINOPSE
Si. Blues do País ten doble formato : dúo ou banda.
A nosa banda chámase “Sindicato da Verbena”e estácomposta por Gustavo Agasi (Festicultores, Sacha na Horta) na batería e rascador, Manuel Antonio (Trioceros, Mercedes Peón) no baixo e Martiño Mato (Magnifique Band dos Homes Sen Medo, Os Tres Trebóns…) no Saxo.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : ISEO AGILDA, BRAIS DAS HORTAS, MARTIÑO MATO, MANUEL ALONSO e GUSTAVO AGASSI
- Nome do espectáculo : BLUES DO PAÍS E O SINDICATO DA VERBENA
- Modalidade artística : Música en directo, teatro, clown
- Público ao que vai dirixido : Adultas e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : Interior e exterior
Axenda
Biografía
Blues do País somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).
Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…
Todo iso é posible con Blues do País.
Música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.
Dende que arrincamos motores no 2014 xa pasamos por todo tipo de escenarios e situacións : casas da Cultura, auditorios, festivais, ceas, aniversarios, paradas do bus, rotondas, rúas e prazas, camións do pienso e mesmo bateas… Calquera sitio é bo para botarlle uns blueses da casa.
E por se fose pouco… con banda!
Si. Blues do País ten doble formato : dúo ou banda. Ver aquí
Imaxes
Outros espectáculos de Blues do País
Blues do país - Dúo
Versións clásicas do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… adaptadas á idiosincrasia e retranca galegas.