SINOPSE
¿Punk para nenas? Por que non!?
¿E logo? ¿Que hai máis punk ca unha nena?
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas,
como queiras e como che preste!
O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente.
O punk é berrar, rir, facer pis…
e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
O punk é protestar. Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!!
Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluindo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
FICHA ARTÍSTICA
- Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK” e BRAIS DAS HORTAS
- Nome do espectáculo : CONCERTO PUNKINFANTIL
- Modalidade artística : Música ao vivo,circo, malabares, humor, clown
- Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : espazo exterior e interior
Axenda
Biografía
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Brais das Hortas. Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.
Imaxes
Outros espectáculos de Peter Punk
O neno imperdible
Un músico e un artista de circo en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro.