SINOPSE
Un novo unipersoal do recoñecido pallaso Peter Punk, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que acadou o éxito. E onde da mostra da súa veteranía e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.
Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.
Unha catedral de nove paraugas en equilibrio, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas, o perigoso Circuito da Morte, e un evocador final que sorprenderá ás máis cativas e cativos, e fará reflexionar ao público adulto.
Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.
FICHA ARTISTICA
- Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK”
- Nome do espectáculo : PEOR IMPOSIBLE
- Modalidade artística : Circo, malabares, equilibrios, humor, clown
- Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
- Idioma : Galego
- Duración do espectáculo : 60 min
- Ubicación : espazo exterior e interior
PREMIOS
PREMIO DO PÚBLICO FESTICLOWN 2014 (Rivas Vaciamadrid)
AXENDA
Biografía
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.
Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.
A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…
Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.
Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina.
Por toda Galicia e o estado: Canarias, Madrid, Catalunya, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Ibiza, Cádiz, Granada, Castilla y León, Valencia…
Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.
Imaxes
Outros espectáculos de Peter Punk
Concerto Punk Infantil
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.
O neno imperdible
Un músico e un artista de circo en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro.