Unha gala moi especial á gorra na que diversas artistas ofrecerán un espectáculo para apoiar a PALLAS@S SEN FRONTEIRAS, unha organización que desenvolve o seu traballo a favor da infancia máis desfavorecida do estado. Así mesmo tamén actúa a nivel internacional para mellorar a situación emocional de nenos e nenas refuxiadas, desprazadas e afectadas por conflictos armados e desastres naturais.