Quen ten cu, ten medo. lso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo,
senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.
Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.
Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira
a tormenta …
Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.