Quen somos

 

QUEN SOMOS

CHARLATANA é un novo espazo galego de creación, produción e distribución propia que integra diversas disciplinas artísticas: circo, música, teatro infantil e contos.

Charlatana nace para crear un espazo de cooperación no que conflúan diversas propostas artísticas onde o obxectivo común é DIVERTIR e EDUCAR.

A través do humor, o espíritu crítico, e o debate en escena, Charlatana crea espectáculos que integran valores como a igualdade, a cooperación, a reciclaxe e a cultura e lingua galegas.

Tres compañías configuran este proxecto: Tropa de Trapo, Peter Punk Pallaso e Blues do País.

CHARLATANAS

Brais Gutierrez “Brais das Hortas”

Na TROPA DE TRAPO toca guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, laúde árabe, frauta chinesa, caixón, batería de refugallo, darbouka, karkaba, kalimba, beatbox, harmónica, antenas tubulares, melódica, efectos sonoros…

– Músico dendo 1996. Actualmente en grupos como Sacha na Horta e Blues do País.

– Músico e clown no espectáculo de Peter Punk PETER PUNK E O NENO IMPERDIBLE.

– Formou parte da Banda Fura Fura, que homenaxeou a Zeca Afonso.

– Compón e grava BSO para A Tropa de Trapo, Peter Punk, Titereficciós (BSO de Chove, espectáculo para bebés)

Marta Ortiz 

– Premiada no 8º Concurs de Narrativa Per A Dones (Terrassa)

– Creadora do grupo de Teatro da Oprimida de Compostela e actualmente forma parte do grupo de Teatro da Oprimida CenTolas

– Deseñadora e confección dos títeres de CORES, feitos con calceta, e o decorado con patchwork.

– Deseño e confección de vestiarios e escenografía para diversos grupos de música (Sacha na Horta, Blues do País) e de clown (Peter Punk).

– Estudiou maxisterio de Primaria e deseñou e organizou actividades relacionadas coa animación á lectura e o fomento da oralidade.

Isaac Rodríguez “Peter Punk Pallaso” (1979)

Iniciou estudios en Pedagoxía e Educación Infantil. Pallaso. Foi parte da compañía de teatro afecionado Tranghallada Teatro (do IES Val Miñor de Nigrán). Malabarista e pallaso en diversas empresas de animación. Integrante do espectáculo musical e itinerante Xabaxira, do programa infantil da TVG Xabarín Club. Integrante nun espectáculo de Os Sete Magníficos Máis Un.  Fundador e integrante da compañía unipersonal Peter Punk Pallaso.

Eva Triñanes

Cursou estudos de Economía na USC e con e Produción no Instituto de Imaxe e Son da Coruña. Formou parte da produción da obra “Smart, como un telefóno intelixente pode convertirte nun idiota”.