A Tropa de Trapo somos Marta Ortiz e Brais das Hortas.
Xuntos contamos para todo tipo de públicos (adulto, adolescente, familiar e infantil) e en todo tipo de situacións (auditorios, casas da cultura, institutos, rúas, prazas, colexios, prisións, rotondas, cemiterios…).
Facemos contos con música.
Contos que teñen moito que dicir, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada.
E música co que sexa. Tanto instrumentos habituais (guitarra eléctrica, clásica e acústica, frautas, acordeón, loopstation, laúde árabe…) coma creados por nós (beatería de refugallo, antenas tubulares, efectos sonoros…). Música que lle dá ambiente aos contos ou para bailarmos co público.
Sempre con ritmo, humor e moita participación do público.
Levamos 10 anos contando e percorrendo a xeografía galega. Xiramos xa 5 veces co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por toda Galicia, con Abanca, centos de colexios e institutos, romarías e festas, festivais… Porque todo sitio é bo para unha boa historia.