A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003 có espectáculo unipersoal CHUNGO QUE TE CAGAS, que perfilará o seu humor fresco, irreverente e orixinal.
Nos seguintes anos terá unha evolución meteórica. Crea o seu segundo unipersoal, A CHUNGATRONA, no que mantén o seu estilo singular.
Máis tarde crea dous espectáculos dirixidos polo pallaso e dramaturgo Walter Velázquez: PETER PUNK E O NENO IMPERDIBLE, con música ao vivo, creada e interpretada por Brais das Hortas, con quen comparte elenco. E PEOR IMPOSIBLE, o espectáculo máis recente, e no que se confirma a madurez deste pallaso internacional.
Actualmente prepara un novo espectáculo musical infantil con Brais das Hortas e dirixido de novo por Walter Velázquez: CONCERTO PUNKINFANTIL.