Brais das Hortas

Músico

Músico dende 1996. Actualmente en grupos como Sacha na Horta e Blues do País.

Na TROPA DE TRAPO toca guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, laúde árabe, frauta chinesa, caixón, batería de refugallo, darbouka, karkaba, kalimba, beatbox, harmónica, antenas tubulares, melódica, efectos sonoros…

– Músico dende 1996. Actualmente en grupos como Sacha na Horta e Blues do País.

– Músico e clown no espectáculo de Peter Punk PETER PUNK E O NENO IMPERDIBLE.

– Formou parte da Banda Fura Fura, que homenaxeou a Zeca Afonso.

– Compón e grava BSO para A Tropa de Trapo, Peter Punk, Titereficciós (BSO de Chove, espectáculo para bebés)

Punk para nenas? Por que non!! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself! Faino ti ao teu xeito! Como poidas, como queiras e como che preste!
O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente!

O punk é berrar, rir, facer pis… e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
O punk é protestar! Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!

Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario, acaban creando un delirio musical chamado Concerto PunkInfantil

Event List