Trasno Arnaldo – «Alguén máis o viu?» Din que o Mar de Ardora é só unha lenda… ata que o ves cos teus propios ollos. Cos trasnos galegos pasa o mesmo.
Arnaldo nace da mitoloxía e do imaxinario popular de Galicia.
Aparece cando menos o esperas, coa súa pequena concertina entre as mans, enchendo os camiños de música, baile e sorrisos. Abre e pecha os ollos, fala, canta… e semella tan real que fai dubidar a quen o contempla.
Pero Arnaldo nunca viaxa só.
No seu vello e máxico sombreiro vive Groseliña, a fada dos froitos do bosque. Ás veces asoma con timidez, outras deixa que a música a leve e baila ao ritmo da concertina.
E nas súas costas agóchanse as Pinkis, elfas das flores da montaña, curiosos e trasnudos, sempre preparados para sorprender a quen se achegue.
Un trasno, unha fada e un grupo de elfos…
Pode que sexa unha lenda. Ou pode que hoxe sexa o día no que ti tamén os vexas.
- Elenco
- Marcos Aboal
- Modalidade artística
- Animación de rúa, monicreques
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración
- 50 min.
- Localización
- Exterior ou interior