Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos.
Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade.
Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. O ritmo que emana do propio contar, da lingua.
- Elenco:
- Marta Ortiz
- Nome do espectáculo:
- Tralará. Contos, obxectos e música.
- Modalidade artística:
- Narración oral, Música e Teatro de obxectos
- Público ao que vai dirixido:
- Infantil (1 a 8 anos) e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 45 minutos
- Localización:
- Espazo interior ou exterior