Boroa presenta "Tinta de Fol". Unha performance pictoacústica na que a banda ponse ao servizo da pintura para transformar as ondas sonoras en pinceladas negras e grises, onde as composicións da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence.
O resultado son trazos que danzan ao son da música nun proceso creativo, no que a tinta negra e os brochadas grises converten as notas nunha ilustración musical. Un estímulo audiovisual materializado nun conxunto de composicións musicais que poden contemplarse mentres son escoitadas.
- Nome do grupo
- Boroa
- Integrantes
- Sabela Olivares, Alberto Millán, Suso Bello e David Cuence
- Nome do espectáculo
- Tinta de fol
- Modalidade artística
- Música ao vivo, Pintura ao vivo, Performance
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración do espectáculo
- 60 minutos
- Localización:
- Espazo exterior ou interior