Ir á páxina
Charlatana

Termando dos marcos

Despois de toda a emoción de “Vinculeiras”, chegou a merecida calma e puidemos erguer con paciencia o que é o novo proxecto das Bouba. A lume lento e un bocado máis maduras, reparamos en nós e no mundo e creamos algo novo, pequeno, local, desde as marxes.

Máis ca nunca resituámonos na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro. Non é esta cousa boa de facer nun país cada vez máis asobalhado polo capital e a desmemoria.

Aquí estamos, Bouba, para seguir sendo, Termando dos marcos. 

Os marcos somos nós.

Integrantes
María da Pontragha, Carme da Pontragha, Maca do Piñeiro, Uxía Iglesias
Xénero musical
Tracional
Público ao que vai dirixido
Todos os públicos
Idioma
Galego
Duración
60 min.
Localización
Espazo interior ou exterior