Ir á páxina
Charlatana

Tentación Divina

Mercurio é un anxo... Ou deberíamos dicir un espírito inquieto, ávido de sabedoría e emocións, e aburrido de estar no ceo?

Preocupadamente despreocupada, arriscadamente curiosa, sospeitosamente inxenua, e cunha gran capacidade interpretativa, errada, pero interpretativa maila todo, Mercurio baixa por primeira vez á Terra en Misión Divina.
Como será o encontro entre Mercurio e a xente?
Que tentacións, perigos e descubertas lle agardarán?
Cal será o seu descubrimento terreal?

Mercurio é un ser sen vicios nin prexuízos, libre neste mundo cheo de aventuras e tentacións... E terá gana de probar todo!

Elenco:
Mai Clown
Nome do espectáculo:
Tentación divina
Modalidade artística:
Circo, Aéreos, Humor, Clown
Público ao que vai dirixido:
Todos os públicos
Idioma:
sen diálogo
Duración do espectáculo:
50 min.
Localización:
Espazo interior ou exterior
Premios
• Festival de circo Myau- Albendiego- Premio do público.
•Festival Trespadene-Burgos -Premio do xurado.