Ir á páxina
Charlatana

Se as árbores falasen

Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! Por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu.

E ela vai achar por que a fraga conseguiu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.

Elenco:
Iseo Agilda
Nome do espectáculo:
Se as árbores falasen
Modalidade artística:
Narración oral, Música ao vivo
Público ao que vai dirixido:
Infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
Espazo interior (consultar para exterior)