Co seu último traballo inspirado na muller máis forte do mundo, amplían o seu rexistro a novos xéneros da música americana, máis aló do seu blues característico.
Cun directo irresistible, no que van caldeando aos poucos ao público cunha actitude e presenza que cativa desde o primeiro segundo.Gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018 na categoría de jazz, funk e blues, polo seu álbum “ Sandwina”. Desde os seus inicios alá polo 2011, esta banda de R& B, soul e xéneros afíns, non pararon de tocar e crear expectación entre o público que os descobre e o que os segue, converténdose nun referente en Galicia.
- Integrantes
- Sabela Rey, Benjamín Vázquez, Ramón Figueira "Figui", Fran Sieira "Trilli", Diego Fernández Novoa e Aitor García.
- Xénero musical
- R&B, Soul, blues e xéneros afíns.
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Inglés, castelán, galego
- Duración
- 115 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior
- Premios
- Martín Códax da Música 2018